Esta semana pasada , alumnas de 5º de primaria impartiron un obradoiro de pintura con acuarela para o alumnado de Infantil.
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
13/03/2026
Obradoiros no recreo: Pintura con acuarela
12/03/2026
Visitamos o "Salón do libro"
Esta semana alumnado de infantil e primaria visitou o "Salón do libro". Previamente á visita polos espazos do salón, onde atoparon o traballo do cole, asistiron a un espectáculo de maxia (primaria) e a unha sesión de contacontos(infantil). Ademais tamén poideron tocar con instrumentos de reciclaxe, batería, guitarra... que hai nas salas a disposición dos asistentes.

09/03/2026
"Adiós ríos, adiós fontes"
O alumnado do colexio participou no recitado do poema "Adiós ríos, adiós fontes", na radio escolar nenos e nenas puxeron voz a cada verso deste poema tan coñecido de Rosalía. Deixámosvos o podcast para que poidades escoitalos.
Ademais, todo o alumnado participou na decoración dos chanzos das escaleiras co poema traballado. Ollade que bonitas lucen!

O alumnado, voluntario da biblioteca, de 6º de primaria, comparte tamén un podcast sobre Rosalía de Castro:
05/03/2026
"La casa de los ingleses"
A biblioteca escolar encheuse de música e emoción cunha actuación moi especial do grupo La casa de los ingleses. O alumnado tivo a oportunidade de gozar dun pequeno concerto, nun ambiente próximo e cheo de enerxía.
A visita foi aínda máis especial porque dous dos integrantes do grupo son pais dun alumno e unha alumna do colexio, o que fixo que a actividade se vivise cunha ilusión compartida por toda a comunidade educativa.
Foi unha experiencia enriquecedora que tranformou a biblioteca nun pequeno escenario cheo de ritmo e curiosidade.
Desde aquí queremos agradecer a La casa de los ingleses a súa xenerosidade por compartir o seu tempo e a súa música con nós.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!
01/03/2026
Visita de ORBIL!
Este venres 27 de febreiro recibimos, na nosa bibliotaeca, a visita de ORBIL, a mascota do Salón do Libro. Unha visita que todo o alumnado recibe con ledicia e emoción!
A piques de comenzar a súa XXVII edición, este ano adicado á música, co lema:
QUE NON PARE A MÚSICA !
Deixámosvos o enlace ao programa cheo de actividades para todas as idades: https://www.salondolibro.gal/programa-eventos/
Roteiro María Victoria Moreno e Castelao
A semana pasada, o alumnado de 3º e 4ºde Primaria percorreu as rúas de Pontevedra para coñecer mellor a vida e obra de María Victoria Moreno, unha muller que, aínda nacendo fóra de Galicia, escolleu o galego como lingua para escribir e ensinar. No ano 2018 dedicóuselle o Día das Letras galegas pola súa importante contribución á literatura infantil e xuvenil en galego e pola seu compromiso coa lingua galega.
Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º de primaria afondaron na figura de Castelao: escritor, debuxante e político defensor de Galicia. Ao longo do percorrido descubriron que non só escribía, senón que tamén expresaba as súas ideas a través do debuxo e do humor, como poideron observar na Aula Castelao do Museo de Pontevedra.
Estas camiñadas non foron só unha actividade ao aire libre, foron unha maneira diferente de aprender, compartir e sentir a nosa cultura.
25/02/2026
GRAZAS FAMILIAS!
Queridas familias:
Queremos dedicar esta entrada a darvos as GRAZAS pola vosa implicación, entusiasmo e colaboración no MARCONVISIÓN.
O alumnado voluntario da biblioteca pon voz ao que todos e todas sentimos: gratitude, orgullo e alegría por contar cunhas familias tan implicadas na vida do centro.
Cantigas no peto: Da mesma raíz
O vindeiro xoves , día 3 de decembro, queremos celebrar o "Día das persoas con dicapacidade" cunha "cantiga no peto"...
-
O vindeiro venres 15 de maio convidamos a toda a comunidade escolar (alumnado, nais, pais, avós e avoas, tíos, tías, exalumnos/as...) a...
-
Queridas familias: Queremos dedicar esta entrada a darvos as GRAZAS pola vosa implicación, entusiasmo e colaboración no MARCONVISIÓN. O alum...
-
Ao longo desta última semana de xaneiro desenvolveremos diferentes actividades relacionadas coa paz; murais, paz tituras, cancións, danzas...
.jpeg)
.jpeg)













