Hoxe no recreo, alumnado de 4º de primaria impartiu un obradoiro de xadrez a outros nenos e compañeiros do cole!
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
Esta semana pasada , alumnas de 5º de primaria impartiron un obradoiro de pintura con acuarela para o alumnado de Infantil.
Esta semana, nenos e nenas de 6º de primaria impartiron un obradoiro de "Flash Ball" para o alumnado de primaria. O xogo consiste en que o balón toque un punto determinado . Xógase con varios balóns á vez.
Este mes, comenzamos a actividade "Obradoiros no cole".
Unha actividade organizada por diferentes grupos de alumnos e alumnas, para que todo o alumnado (que queira) poida desfrutar no tempo de recreo dos mércores.
Este mércores arrancamos cun "Obradoiro de brilet", impartido por nenos e nenas de 6º de Primaria.
Grazas a todo o alumnado implicado!!!
Animádevos a participar! Haberá creatividade, diversión e un montón de ideas fantásticas para pasalo xenial. Só tedes que anotarvos no taboeiro da entrada!!
O alumnado de 3º de primaria convertirse en narrador para compartir cos nenos e nenas de infantil un conto terriblemente divertido: “La e...