Amosando publicacións coa etiqueta Voz Natura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Voz Natura. Amosar todas as publicacións

23/05/2026

Da casa a Horta

O pasado xoves, 21 de maio, a avoa de Miguel (6º de Infantil) achegouse ata o colexio para realizar unha actividade co alumnado de infantil.

Primeiro, na clase, faloulles aos nenos e nenas da impoortancia de manter alonxados os pulgóns da horta, para que as plantas crezan sans. Ensinoulles trucos, como plantar caléndulas preto e outros consellos naturais, sen utilizar pesticidas.

Despois, na horta, plantou cos nenos e nenas. tomates, pementos, amorodos e caléndulas. Un día fantástico.



                   



GRAZAS PILI, POR UN DÍA TAN FERMOSO!!!

23/02/2026

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro, unha das voces máis importantes da nosa literatura.

Este ano no cole imos traballar un dos poemas máis coñecidos "Adiós ríos, adiós fontes" pertencente ao libro "Cantares gallegos".

Este poema cheo de emoción expresa a dor da despedida e da emigración. Nel aparecen elementos da natureza que coñecemos moi ben: Ríos, fontes, regatos, campos, árbores... por iso encaixa co noso proxecto Voz Natura no que aprendemos a coidar e valorar o medio ambiente. Rosalía xa amosaba no século XIX un profundo amor pola paisaxe galega, algo que nós tamén queremos defender e protexer.

Ademais de lelo e analizalo na aula, na Hora de Ler, imos traballar o poema musicado, porque a Rosalía tamén se pode cantar. A música axúdanos a sentir máis intensamente as palabras e a conectar coas emocións que Rosalía quería transmitir.

Ao longo desta semana cada titoría gravará na Radio Escolar "Son de Marcón" o poema recitado polo alumnado.

               

                              



                                                                                             

Celebrar o Día de Rosalía é lembrar que as nosa lingua, a nosa terra e a nosa cultura son un tesouro que debemos coidar cada día. 

VIVA ROSALÍA!!!








30/01/2026

"Día da paz"

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o  "Día Escolar da paz e non violencia" con diferentes actividades:

- Cantamos, na entrada do colexio, alumnado e profesorado a canción "Suena la PAZ".

- Comemos rosca con chocolate no recreo, unha actividade na que colabora a ANPA, e que xa ben sendo unha tradición nesta data.





- Despois do recreo, os nenos e nenas voluntarios da biblioteca, contaron co "Kamishibai" o conto "O NACEMENTO DO DRAGÓN" da editorial Kalandraka.


-O alumnado de 6º de primaria gravaron na Radio escolar un conto que fala do repecto a natureza e ás persoas, un conto pola paz: "A XACIA LUVIÑAS", para que todas e todas o poidades desfrutar.


-Rematamos a xornada cunha "Cantiga no peto" no ximnasio (por mor do tempo), nesta ocasión foi a danza-xogo  "Don Melitón", na que participaron tamén as familias.

A PAZ CONSTRÚESE CADA DÍA, ENTRE TODOS E TODAS!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTE DÍA !!





30/10/2025

Samaín e Magosto no cole de Marcón!!

Chegou o outono...e con el, unha das celebracións máis esperadas polo noso alumnado: o Samaín!!

No CEIP  de Marcón enchemos os corredores de cabazas, mostros, bruxas, lecturas, pantasmas...e moita imaxinación.



Ao longo desta semana os nenos e nenas realizaron diferentes actividades para celebrar esta festa tradicional.

-Creación de máscaras por todo o alumnado, en plástica.

-Contacontos de lendas e historias tradicionais galegas sobre mouras, espíritus, meigas...  relacionadas cos ríos.

- Obradoiros de Monstros de río arrepiantes  para decorar "A cova do río".

-Exposición de cabazas, relacionadas co PDI, elaboradas na casa coa colaboración das familias.

-Actividades con luz negra, na aula de música.

-Podcast "Especial Samaín", en Radio Marcón.

Máscaras:







LENDA: "As fadas do río Lérez", con teatro de sombras (Alumnado de 6º Primaria)

                                        
                              

Lenda : "A fervenza do río Almofrei". (Alumnado de 1º de primaria).



Lenda da Santa Compaña:

 Luz negra: Cancións e bailes con personaxes do Samaín:

    



Cabazas:

E despois de todas estas actividades, chega o día grande, na que culminamos cunha ruta pola "Cova do río",onde os monstros creados por eles son os protagonistas, e un desfile de máscaras polos corredores.

Desfile de máscaras:




       







    

                                     

Túnel do terror: " A cova do río"








Rematamos a xornada co Magosto, con xogos populares e degustación de  castañas.









                 
                         

  

                        

                        

UNHA XORNADA TERRORÍFICA  E MOI DIVERTIDA!!!

Grazas a todas as familias, alumnado, profesorado e a Pablo (o noso conxerse) pola súa colaboración e entusiasmo .

PARABÉNS POLA VOSA CREATIVIDADE!!!






















































































“La extraña visita”

O alumnado de  3º de primaria  convertirse en narrador para compartir cos nenos e nenas de infantil un conto terriblemente divertido:  “La e...