No CEIP de Marcón enchemos os corredores de cabazas, mostros, bruxas, lecturas, pantasmas...e moita imaxinación.
Ao longo desta semana os nenos e nenas realizaron diferentes actividades para celebrar esta festa tradicional.
-Creación de máscaras por todo o alumnado, en plástica.
-Contacontos de lendas e historias tradicionais galegas sobre mouras, espíritus, meigas... relacionadas cos ríos.
- Obradoiros de Monstros de río arrepiantes para decorar "A cova do río".
-Exposición de cabazas, relacionadas co PDI, elaboradas na casa coa colaboración das familias.
-Actividades con luz negra, na aula de música.
-Podcast "Especial Samaín", en Radio Marcón.
Máscaras:
Luz negra: Cancións e bailes con personaxes do Samaín:


Cabazas:
E despois de todas estas actividades, chega o día grande, na que culminamos cunha ruta pola "Cova do río",onde os monstros creados por eles son os protagonistas, e un desfile de máscaras polos corredores.
Desfile de máscaras:


.jpg)


Túnel do terror: " A cova do río"




.jpg)
Rematamos a xornada co Magosto, con xogos populares e degustación de castañas.
Grazas a todas as familias, alumnado, profesorado e a Pablo (o noso conxerse) pola súa colaboración e entusiasmo .
PARABÉNS POLA VOSA CREATIVIDADE!!!
.jpg)






.jpg)









Ningún comentario:
Publicar un comentario