24/10/2025

24 de OUTUBRO "DÍA DAS BIBLIOTECAS " E "CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO"

 Hoxe, 24 de outubro, celebramos o "Día das Bibliotecas" e o "Día Contra o cambio climático". 

A biblioteca é moito máis ca un sitio cheo de libros, é un lugar onde podemos aprender a coidar da Terranoso planeta está a pedir axuda e todos podemos facer algo para coidalo.Na biblioteca aprendemos a pensar, a compartir e a respectar o que temos, igual que debemos facer co planeta.

As bibliotecas son como bosques cheos de palabras: Cada libro é unha folla, cada historia é unha flor. Se as coidamos e lemos nelas, axudamos tamén a coidar o planeta.

Así que hoxe, celebramos os libros, a lectura…e o noso compromiso cun planeta máis limpo e cheo de vida cantando a canción "O veleiro verde" de María FumaÇa, en compañía de familiares que quixeron compartir  esta data con todos e todas nós.




        
           Grazas por compartir. Feliz Día das Bibliotecas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Calendario 2026!!

  Despois das vacacións de Nadal, retomamos o curso co calendario 2026 onde a música é o fío conductor para cada mes do ano. Un calendario q...