Hoxe, como cada xoves, volvemos encher de creatividade a biblioteca cun novo obradoiro!. Nesta ocasión, as protagonistas foron as alumnas de 5º de primaria que realizaron un obradoiro de squishies no que os máis pequenos desfrutaron moito creando as súas propias e orixinais figuras antiestrés.
Blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP de Marcón
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
12/11/2026
11/11/2026
"Día da Diabetes"
Con motivo do "Día Mundial da Diabetes", que se celebra o 14 de novembro, a biblioteca converteuse nun espazo de aprendizaxe, sensibilidade e diversión.
A través dunha fantástica actividade de contacontos da man de Raquel Queizás, o alumnado de 1º e 2º de primaria achegáronse ao mundo da diabetes dunha maneira lúdica, próxima e divertida. Mediante a historia dunha rá os nenos e as nenas foron descubrindo como é esta enfermidade, como afecta ás persoas que a padecen e a importancia de coñecela para comprender, respectar e acompañar.
10/11/2026
Mans á terra!
09/11/2026
Actividades colaborativas!
O alumnado de 5º de primaria compartiu unha divertida e enriquecedora experiencia cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, nunha actividade colaborativa na os LEGO foron os grandes protagonistas.
A Través de distintas construccións , ps maiores acompañaron e axudaron aos máis pequenos, compartindo ideas, resolvendo retos e dando renda solta á súa imaxinación.
Unhan experiencia na que puxeron en práctica habilidades como a cooperación. a comunicación, a paciencia e o traballo en equipo.
Peza a peza construñimos aprendizaxes e tamén vínculos! Parabéns!!
Degegan as mochilas viaxeiras!
O pasado venres, 6 de novembro, o equipo de voluntarios e voluntarias da biblioteca fixeron entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS, que un ano máis iniciaronn o seu percorrido polos fogares de todo o alumnado.
Unha actividade que pretende fomentar o gusto pola lectura, espertar a curiosidade e crear hábitos lectores, facendo tamén ás familias participes desta experiencia.
QUE COMECE A VIAXE. BOAS LECTURAS!!!
05/11/2026
Obradoiro de escalada con corda!
Hoxe, no patio do colexio, alumnas de 4º de Primaria foron as encargadas de impartir un obradoiro de escalada con corda. Ao longo desta actividade o alumnado puido poñer a proba a súa forza, cordinación, equilibrio e confianza, afrontando o reto de subir pola corda e superar pouco a pouco as dificultades.
Unha experiencia na que, ademais de realizar actividade física, se fomenta a colaboración, a autonomía e a aprendizaxe entre iguais. Parabéns!!
30/10/2026
Samagosto 2026!
Hoxe celebramos o Samaín, que noutros sitios lle chaman Halloween, e o Magosto.
Un día de festa, tradicición e diversión no que o colexio é un fervedoiro de actividades: castañas, cabazas, lecturas, xogos, cantigas, máscaras e mesmo un arrepiante túnel do terror!
Unha xornada na que gozamos das nosas tradicións e nos divertimos un montón.
Velaquí unha pequena mostra :
LECTURAS:
Obradoiro de squishies
Hoxe, como cada xoves, volvemos encher de creatividade a biblioteca cun novo obradoiro!. Nesta ocasión, as protagonistas foron as alumnas de...
-
O vindeiro venres 15 de maio convidamos a toda a comunidade escolar (alumnado, nais, pais, avós e avoas, tíos, tías, exalumnos/as...) a...
-
Queridas familias: Queremos dedicar esta entrada a darvos as GRAZAS pola vosa implicación, entusiasmo e colaboración no MARCONVISIÓN. O alum...
-
Ao longo desta última semana de xaneiro desenvolveremos diferentes actividades relacionadas coa paz; murais, paz tituras, cancións, danzas...










.jpeg)



































