Hoxe recibimos a visita dun grupo de estudantes de Belas Artes, que compartiron cunha representación do noso alumnado ideas de propostas para pintar dous espazos do cole: o comedor e as zonas de xogo do patio.
Foi unha oportunidade estupenda para que os máis pequenos poidesen expresar os seus gustos, achegar ideas, imaxinar novos espazos e participar activamente na transformación do seu colexio.
Unha iniciativa promovida pola ANPA, que aposta pola participación do alumnado e por facer do noso colexio un espazo cada vez máis acolledor.
Grazas á ANPA e ao alumnado de Belas Artes por axudarnos a tranformar o noso cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario