14/11/2026

Visita á Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)

Despois de ler o libro "Historia de una rosa" e traballar arrredor desta flor na aula, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a  oportunidade de achegarse ao mundo da investigación científica cunha visita á Misión Bilóxica de Galicia (CSIC).

A visita, organizada polo grupo de Viticutura, Olivo e Rosa (VIOR) , comezou cunha presentación da actividade dedicada á Rosa Narcea, no salón de actos, e a proxección dun video sobre os campos en flor e a  súa recolección. A continuación, fixeron un percorrido polas diferentes instalacións, onde coñeceron como se conservan as rosas conxeladas, como se reproducen novas roseiras no invernadoiro e como se preparan mostras no laboratorio. 

Un dos momentos máis especiais foi a experiencia olfativa, na     que poideron descubrir , a través de  pequenas tiras de papel coñecidas como "mouilettes"  o aroma do extracto empregado en perfumaría.

A visita rematou co agradecemento, por parte do alumnado, cuns agasallos aos membros do grupo VIOR: uns debuxos e unhas rosas que os nenos e nenas prepararan con moito agarimo na aula, como lembranza da lectura de Historia dunha rosa e desta experiencia compartida.

                        

                          






O noso agradecemento á Misión Biolóxica de Galicia e, especialmente, ao equipo VIOR, pola súa acollida, atención  e por darnos a oportunidade de coñecer de preto o seu traballo. GRAZAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Visita á Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)

Despois de ler o libro " Historia de una rosa" e traballar arrredor desta flor na aula, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a ...