Unha vez máis o alumnado, voluntariado da biblioteca, de 6º de primaria realizaron un obradoio para os máis pequenos sobre papiroflexia e debuxo de flores e bolboretas con pintura de dedos.

O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
O alumnado de 4º de primaria explicáronlle ao alumnado de Infantil os polígonos, no patio do colexio, a través duns "robots máxicos " realizados por eles.
UN TRABALLO FANTÁSTICO!!
O pasado xoves, 21 de maio, a avoa de Miguel (6º de Infantil) achegouse ata o colexio para realizar unha actividade co alumnado de infantil.
Primeiro, na clase, faloulles aos nenos e nenas da impoortancia de manter alonxados os pulgóns da horta, para que as plantas crezan sans. Ensinoulles trucos, como plantar caléndulas preto e outros consellos naturais, sen utilizar pesticidas.
Despois, na horta, plantou cos nenos e nenas. tomates, pementos, amorodos e caléndulas. Un día fantástico.
O 20 de maio celébrase o Día Mundial das abellas, proclamado polas nacións Unidas para concienciar sobre a importancia das abellas para os ecosistemas, a biodiversidade e a producción de alimentos.
Os nenos e nenas de 5º de infantil quixeron lembrarnos a labor destes pequenos insectos que realizan un traballo tan importante para a natureza. Así como a importancia de coidar as abellas e protexer os seus habitats para construir un futuro máis sostible e respectuoso co medio ambiente.
COIDAR A NATUREZA E COUSA DE TODOS E TODAS!!
Ao longo desta semana tivemos máis actividades, na biblioteca, por parte das familias.
Coa nai de Luca, de 4º de primaria, a través do conto "Victoria y la primera vuelta al mundo" fixemos un percorrido polas diferntes músicas do mundo.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLO TRABALLO TAN FANTÁSTICO.
Os nenos e nenas de 6º de primaria achegáronse ata PontevedraViva para realizar uns podcast sobre Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Despois fixeron unha visita á Residencia da Terceira Idade de Campolongo, alí cantaron e bailaron dúas cantigas do repertorio popular aos residentes .
Unha experiencia interxeracional que favorece a convivencia e a empatía entre persoas de diferentes idades e onde os residentes gozaron da alegría e da enerxía dos nenos e nenas.
Un día cheo de aprendizaxes, cariño e momentos para lembrar.
Comenzamos coa Semana das Letras Galegas. Este ano adicada á escritora Begoña Caamaño.
U nha vez máis o alumnado, voluntariado da biblioteca, de 6º de primaria realizaron un obradoio para os máis pequenos sobre papiroflexia e ...