15/06/2026

Semana do Teatro 2026

A nosa biblioteca transformouse, esta semana, nun auténtico escenario para celebrar a "Semana do Teatro".

Ao longo destes días, o alumnado estivo ensaiando duramente para poder mostrar as súas dotes artísticas ás familias e alumnado do colexio, que gozaron moito do seu traballo.

A biblioteca encheuse de personaxes, diálogos, creatividade e moita ilusión, demostrando unha vez máis que os libros tamén poden cobrar vida sobre un escenario.

As obras dramatizadas foron: "O nabo xigante" (4º Infantil), Viches o león? (5º Infantil), "A casa da mosca chosca" (6º infantil), "A mellor sopa do mundo" (1º E.P), "Asamblea"(2º E:P), "Amelia quere un can" (4º E:P), "A voda dos ratos" (5º E.P).

Unha oportunidade fantástica para descubrir o teatro como unha forma de contar historias, expresar emocións e traballar en equipo.












Grazas a todo o alumnado e profesorado pola súa participación e por facer desta semana unha fermosa experiencia. E moitísimas grazas ás familias por acompañarnos unha vez máis!!

1 comentario:

GRADUACIÓN DE INFANTIL E PRIMARIA 2026

 Chegou un dos momentos máis especiais do curso: a festa de graduación ! Os nenos e nenas de 6º de Infantil e 6º de Primaria celebraron o...