Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

23/02/2026

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro, unha das voces máis importantes da nosa literatura.

Este ano no cole imos traballar un dos poemas máis coñecidos "Adiós ríos, adiós fontes" pertencente ao libro "Cantares gallegos".

Este poema cheo de emoción expresa a dor da despedida e da emigración. Nel aparecen elementos da natureza que coñecemos moi ben: Ríos, fontes, regatos, campos, árbores... por iso encaixa co noso proxecto Voz Natura no que aprendemos a coidar e valorar o medio ambiente. Rosalía xa amosaba no século XIX un profundo amor pola paisaxe galega, algo que nós tamén queremos defender e protexer.

Ademais de lelo e analizalo na aula, na Hora de Ler, imos traballar o poema musicado, porque a Rosalía tamén se pode cantar. A música axúdanos a sentir máis intensamente as palabras e a conectar coas emocións que Rosalía quería transmitir.

Ao longo desta semana cada titoría gravará na Radio Escolar "Son de Marcón" o poema recitado polo alumnado.

               

                              



                                                                                             

Celebrar o Día de Rosalía é lembrar que as nosa lingua, a nosa terra e a nosa cultura son un tesouro que debemos coidar cada día. 

VIVA ROSALÍA!!!








19/02/2026

Seguimos co Entroido e os mandados!

 Voltamos das vacacións e continuamos co Entroido e os mandados.

 Hoxe, xoves 19 de febreiro, vestímonos de cantantes famosos, rockeiros, rapeiros, estrelas do pop, pandereteiras, guitarristas...

Deixámosvos fotos dos nosos artistas:






































Mañá é o gran día e o Entroido xa o deixou  ben claro:

"O VENRES, NA CULTURAL, NO MARCONVISIÓN ACTUARÁS" 



Estades preparados? Mañá o escenario é voso!!




03/02/2026

Día da candelaria

"Pola Candelaria, os paxariños fan voda"(refrán popular).

A Candelaria celébrase o día 2 de febreiro e, segundo a tradición, marca o momento no que os paxaros comezan a emparellarse e preparar os niños, anunciando que o inverno vai quedando atrás e os días xa medran.

Nas aulas traballamos os refráns populares e fixemos tamén obradoiros de paxariños que logo colgamos polos corredores.




  




Na clase de música, acompañados da música de Edgar Grieg(opus 43, nº4), o alumnado de 6º de infantil realizou unha audición activa con paxariños á que lle chamamos "Danza dos paxaros".



O alumnado de 6º de primaria fgravou na Radio Escolar un podcast sobre o Dia da Candelaria (Candeloria na tradición oral) e os refráns populares deste día.


Grazas por compartir as vosas achegas!!

26/01/2026

Semana da paz

 Ao longo desta última semana de xaneiro desenvolveremos diferentes actividades relacionadas coa paz; murais, paztituras, cancións, danzas e lecturas!!







Deixámosvos a canción que cantaremos o venres día 30 de xaneiro "Día da Paz", animádevos a practicala na casa.


Aproveitaremos a celebración do Día da Paz  para cantar e bailar a danza "Don Melitón", incluída no libro-disco "Para cantar e bailar" de Edicións Do Cumio.
 Con esta cantiga retomamos a actividade "Cantigas no peto" á que convidamos a toda a comunidade educativa a participar con nós.
Deixamos tamén a música, a letra e a explicación da mesma: 





"Non hai camiño hacia a paz, a paz é o camiño" (Mahatma Gandhi)


12/10/2025

Marcón Jukebox!

 Xa temos na entrada do colexio, xunto á conxerxería a  "Marcón Jukebox", a nosa gramola particular, para que todos e todas fagamos as peticións musicais que queiramos  escoitar á saída do cole.


ANIMÁDEVOS E DEIXADE A VOSA PETICIÓN!!!




07/10/2025

"ARROLOS"

Os arrolos ou cantos de berce son cancións tradicionais que se cantan para adormecer a nenas e nenos pequenos. Adoitan ter unha melodía suave e repetitiva que as nais, pais, avós,  avoas ...cantan mentres abanean no berce ou teñen  no colo ao bebé. 


Desde o Equipo de Dinamización e de Biblioteca propoñemos, como actividade inicial arredor do PDI "Marcón: río de sons", que cada neno/a traia o seu arrolo para traballalo na aula e depois facer unha exposición con eles.

Deixamosvos un adianto con algún deles:


Estamos editando uns videos que proximamente engadiremos con todos os arrolos recollidos.                 
                                                    EN GALEGO:


PLURILINGÜES:


EN CASTELÁN




MOTÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS E ALUMNADO QUE COLABORARON NESTE PROXECTO.

30/09/2025

"Río verde, río verde"

Onte, 29 de setembro, rematamos a xornada escolar cunha actividade musical na que todas e todos participamos.

En compañía de familiares, que poideron achegarse para celebrar con nós o "Día Mundial dos ríos", cantamos e bailamos no patio a danza "Río verde".  Foi un momento de unión e diversión no que todas e todos o pasamos moi ben.











MOITÍSIMAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS E POLA FANTÁSTICA PARTICIPACIÓN !!


18/06/2025

A ritmo de vals e máis!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil  despiden a clase de música a ritmo de vals no patio da biblioteca.



   E os de 4º de Infantil fan música con follas de cores. Uns artistas!!!   


  
                                   PARABÉNS, AGORA A GOAZAR DO VERÁN!!!

Cantigas no peto: Da mesma raíz

  O vindeiro xoves , día 3 de  decembro, queremos celebrar o "Día das persoas con dicapacidade" cunha "cantiga no peto"...