17/11/2026

Pequenos poetas, grandes rimas!

Hoxe o alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria realizaron unha actividade chea de creatividade e poesía.

Na hora de Ler, compartiron a  adaptación dun poema do libro "BECHOPOEMAS e outras bestas" publicado por Kalandraka, que estiveron traballando nas aulas.

A partir dos seus nomes, cada neno e nena creou uns divertidos pareados , xogando coas palabras, as rimas e a imaxinación.





Deixamos tamén un video do alumnado de infantil recitando coplas  do outono:

FERMOSO TRABALLO. PARABÉNS!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Obradoiro de "Squishies" (2)

 O éxito do Obradoiro de  Squishies  da semana pasada foi tan grande que as nenas de 5º de Primaria decidiron repetir a experiencia para que...