Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros no recreo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros no recreo. Amosar todas as publicacións

25/10/2026

Obradoiro de debuxo e curiosidades manga e anime.

 O pasado xoves alumnos de 4 e 5º de Primaria impartiron un obradoiro sobre como debuxar personaxes ao estilo anime e manga.

Durante a actividade, os nenos e nenas descubriron algunha das características máis representativas deste estilo artístico xaponés, como os ollos grandes e expresivos, os peiteados orixinais, os xestos das caras...




GRAZAS POR COMPARTIR!!!

16/10/2026

Obradoiro de papiroflexia!

 Onte, no recreo, nenos e nenas de 4º e 5º de primaria impartiron un obradoiro de papiroflexia.

 Guiados polas explicacións dos voluntarios, os máis pequenos conseguiron transformar unha folla de papel  nun comecocos e nunha fermosa bolboreta.

Ademais de pasalo ben, esta actividade permitiulles traballar a concentración, a precisión e a motricidade fina.

Unha experiencia chea de aprendizaxe e colaboración. Parabéns !






GRAZAS POR COMPARTIR!!!

08/10/2026

321 Os obradoiros comenzan!

 Hoxe, no recreo, o alumnado de 6º de primaria dinamizou un divertido obradoiro de voleibol, ofrecendo ao resto de nenos e nenas a oportunidade de achegarse a este deporte.

Unha estupenda oportunidade para xogar, aprender e compartir cos compañeiros e compañeiras, fomentando o traballo en equipo e a participación.








Parabéns ao alumnado de 6º pola súa implicación e bo facer!!!


20/03/2026

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

 Os nenos e nenas de 4º de primaria impartiron, no recreo, un obradoiro de papiroflexia onde ensinaron aos máis pequenos a facer avións, barcos e comecocos.

         



   MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR!!

Samagosto 2026!

  Hoxe celebramos o Samaín, que noutros sitios lle chaman Halloween, e o Magosto .  Un día de festa, tradicición e diversión no que o colex...