Con motivo da Semana Mundial do Espazo e a Ciencia, as diferentes titorías do colexio investigaron sobre o Sistema Solar.
Unha vez feitos os traballos, cada clase tivo a oportunidade de presentar e explicar oralmente as súas investigacións ao resto do alumnado, nunha actividade compartida no patio da biblioteca.
Unha experiencia enriquecedora na que poidemos aprender uns dos outros, compartir descubrimentos e espertar a curiosidade polo fascinante mundo do espazo.
Parabéns a todos e todas polo fantástico traballo!
Gustounos moito escoitarvos!!



















Ningún comentario:
Publicar un comentario