22/10/2026

Plantación de árbores na ribeira do río Tomeza.

 Este mércores, 21 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nuha plantación de árbores na contorna do río Tomeza, nos Gafos. A iniciativa tiña como obxectivo  proporcionar alimento ás aves e contribuir á conservación e mellora deste espazo natural. 

  Acompañados polo profesorado e por membros da asociación Vaipolorío o alumnado coñeceu de forma práctica a importancia de protexer os ríos, preservar a biodiversidade e respectar o medio ambiente.

Esta actividade forma parte do Proxecto Voz Natura, centrado na educación ambiental e na protección do patrimonio natural.







MOITÍSIMAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN VAI POLO RÍO POR ACOMPAÑARNOS NESTA INICIATIVA, PORQUE CON PEQUENAS ACCIÓNS PODEMOS CONSEGUIR GRANDES CAMBIOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Plantación de árbores na ribeira do río Tomeza.

  Este mércores, 21 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nuha plantación de árbores na contorna do río Tomeza, nos Gafo...