27/10/2026

Cantigas no peto and songs of the universe.

 Voltamos un ano máis coa actividade de Cantigas no peto, unha iniciativa coa que pretendemos fomentar  o uso da lingua galega a través da música, ao tempo que  traballamos  na  recuperación e posta en valor das  cantigas tradicionais da nosa cultura.

Deixámos a cantiga para que a practiquedes na casa e vos animedes a cantala con nós, no patio do colexio, o venres 30 de outubro ás 14.00 H.



Este curso tamén queremos ir un pasiño máis alá: incorporando cancións en inglés, porque sabemos que as linguas suman, enriquecen e nos abren portas ao mundo.
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria cantarán “Trick or Treat” e  4º, 5º e 6º de Primaria  “Girls and boys” and “Trick or Treat”.

ESPERÁMOSVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cantigas no peto and songs of the universe.

  Voltamos un ano máis coa actividade de Cantigas no peto , unha iniciativa coa que pretendemos fomentar  o uso da lingua galega a través d...