Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

30/10/2025

Samaín e Magosto no cole de Marcón!!

Chegou o outono...e con el, unha das celebracións máis esperadas polo noso alumnado: o Samaín!!

No CEIP  de Marcón enchemos os corredores de cabazas, mostros, bruxas, lecturas, pantasmas...e moita imaxinación.



Ao longo desta semana os nenos e nenas realizaron diferentes actividades para celebrar esta festa tradicional.

-Creación de máscaras por todo o alumnado, en plástica.

-Contacontos de lendas e historias tradicionais galegas sobre mouras, espíritus, meigas...  relacionadas cos ríos.

- Obradoiros de Monstros de río arrepiantes  para decorar "A cova do río".

-Exposición de cabazas, relacionadas co PDI, elaboradas na casa coa colaboración das familias.

-Actividades con luz negra, na aula de música.

-Podcast "Especial Samaín", en Radio Marcón.

Máscaras:







LENDA: "As fadas do río Lérez", con teatro de sombras (Alumnado de 6º Primaria)

                                        
                              

Lenda : "A fervenza do río Almofrei". (Alumnado de 1º de primaria).



Lenda da Santa Compaña:

 Luz negra: Cancións e bailes con personaxes do Samaín:

    



Cabazas:

E despois de todas estas actividades, chega o día grande, na que culminamos cunha ruta pola "Cova do río",onde os monstros creados por eles son os protagonistas, e un desfile de máscaras polos corredores.

Desfile de máscaras:




       







    

                                     

Túnel do terror: " A cova do río"








Rematamos a xornada co Magosto, con xogos populares e degustación de  castañas.









                 
                         

  

                        

                        

UNHA XORNADA TERRORÍFICA  E MOI DIVERTIDA!!!

Grazas a todas as familias, alumnado, profesorado e a Pablo (o noso conxerse) pola súa colaboración e entusiasmo .

PARABÉNS POLA VOSA CREATIVIDADE!!!






















































































06/11/2024

Semana do "Samaín" e Magosto!!!

Despois dunha ponte de descanso, voltamos ao cole cunha semana chea de actividades arredor do Samaín.

Recunchos con lecturas polos corredores:














Obradoiros con luz negra, na hora de biblioteca, con todas as titorías. Deixamos algunhas mostras dos fantásticos murais que fixeron os nosos e nosas artistas:

 




Animacións terroríficas na Hora de Ler, na biblioteca, desenvolvidas polos Voluntarios Lectores e polas titorías de 1º e 2º de primaria:

 -Conto "La casa encantada", un conto de Kazuno Kohara para ler na oscuridade (Grupo de Voluntarias Lectoras de 6º de primaria).

                           

-Os nenos e nenas de 1º de primaria adaptaron o conto de "Corre, corre cabaciña" e contáronnolo cun teatro de sombras.



Deixámosvos o video da representación:


O alumnado de 2º de primaria asombráronnos cun "Conxuro Vexetal". Velaí o tedes!
                                        



  Dramatización do conto "A pantasma das bragas rotas" para todo o alumnado e profesorado do colexio ( Grupo de Volutarias da biblioteca de 6º de primaria).
Como decorados utilizaron os murais feitos polas distintas titorias, ollade que bonita quedou a nosa
 biblio! 

                              




As artistas de 6º de primaria!
                                       
                                       Exposición de cabazas no corredor da biblioteca!!!


Deixámosvos o video con todas elas:


FANTÁSTICAS!!!

Como remate da semana, e a modo de fin de festa celebramos O Magosto. Unha xornada na que comemos castañas asadas, riquísimas!, bailamos "Un poco loco" da película COCO e, finalmente,  dirixidos pols nenos e nenas de 6º curso fixemos xogos, que debido á choiva tivemos que realizar nos espazos cubertos do cole. A pesar diso pasámolo moi ben!!!









MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS !!!


Cantigas no peto: Da mesma raíz

  O vindeiro xoves , día 3 de  decembro, queremos celebrar o "Día das persoas con dicapacidade" cunha "cantiga no peto"...