O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro.
Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
Despois dunha ponte de descanso, voltamos ao cole cunha semana chea de actividades arredor do Samaín.
Recunchos con lecturas polos corredores:
Obradoiros con luz negra, na hora de biblioteca, con todas as titorías. Deixamos algunhas mostras dos fantásticos murais que fixeron os nosos e nosas artistas:
Animacións terroríficas na Hora de Ler, na biblioteca, desenvolvidas polos Voluntarios Lectores e polas titorías de 1º e 2º de primaria:
-Conto "La casa encantada", un conto de Kazuno Kohara para ler na oscuridade (Grupo de Voluntarias Lectoras de 6º de primaria).
-Os nenos e nenas de 1º de primaria adaptaron o conto de "Corre, corre cabaciña"e contáronnolo cun teatro de sombras.
Deixámosvos o video da representación:
O alumnado de 2º de primaria asombráronnos cun "Conxuro Vexetal". Velaí o tedes!
Dramatización do conto "A pantasma das bragas rotas" para todo o alumnado e profesorado do colexio ( Grupo de Volutarias da biblioteca de 6º de primaria).
Como decorados utilizaron os murais feitos polas distintas titorias, ollade que bonita quedou a nosa
biblio!
As artistas de 6º de primaria!
Exposición de cabazas no corredor da biblioteca!!!
Deixámosvos o video con todas elas:
FANTÁSTICAS!!!
Como remate da semana, e a modo de fin de festa celebramos O Magosto. Unha xornada na que comemos castañas asadas, riquísimas!, bailamos "Un poco loco" da película COCO e, finalmente, dirixidos pols nenos e nenas de 6º curso fixemos xogos, que debido á choiva tivemos que realizar nos espazos cubertos do cole. A pesar diso pasámolo moi ben!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario