Tal como anunciamos, o alumnado de 6º de primaria (Voluntarios da Biblioteca) dramatizaron "Vivan as uñas de cores" para todos os nenos e nenas do cole.
Un conto escrito por Luis Amavisca , inspirado nunha historia real, e editado por Nubeocho que temos na nosa e biblioteca.
Un libro que aborda temas de diversidade, identidade e estereotipos de xénero. Cunha mensaxe de tolerancia e empatía .
Acompañados do piano(Valeria) e a viola (Noa) , remataron cantando a canción de Susa Herrera, inspirada no conto. PARABÉNS, UNHA FANTÁSTICA ACTUACIÓN !!!
Ao remate da dramatización, Ricardo, alumno de 4º de primaria, sorprendeunos cunh monólogo (cheo de retranca) escrito por el , sobre as avoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario