25/11/2024

25 N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"


Hoxe, 25 de novembro, celebramos o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", unha xornada dedicada a facernos reflexionar sobre os distintos tipos de violencia que sofren miles de mulleres de todo o mundo. Para reflexionar sobre a igualdade e o repecto.

Durante toda a semana realizamos diferentes actividades para concienciarnos de que a violencia non é o camiño, da importancia do respecto a todas e todos, de aceptar a liberdade dos demais... 

E, sobre todo, que nenas e nenos temos que facer o que máis nos gusta, que non hai xoguetes de mozos nin de mozas, que non hai deporte de homes nin de mulleres, que non hai cores de nenos e de nenas... que queremos un mundo en IGUALDADE !!

No corredor da bibliotecas hai unha mesa con bibliografía para lecturas nas diferentes aulas:



Visionamos as películas "Figuras ocultas"( 4º, 5º, 6º de primaria), "Zootrópolis" (1º,2º ,3º de primaria) e Infantil o conto "Artur e Clementina".




O venres, como remate da semana, un grupo de Voluntarios da Biblioteca teñen preparada unha sorpresa . Estade atentos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MOCHILAS VIAXEIRAS !!

  Hoxe poñemos en marcha unha das actividades máis agardadas polo alumnado: as mochilas viaxeiras!! O equipo de Voluntario/as da Biblioteca...