04/11/2024

As árbores autóctonas e a biodiversidade

 O pasado 25 de outubro Marcos, educador ambiental contratado polo Concello de Pontevedra, deulle unha charla aos nenos e nenas de º de primaria sobre a perda da biodiversidade que se está a producir por plantar nos nosos montes cada vez máis eucaliptos e pinos. Por outro lado,  fíxonos ver a importancia de plantar árbores autóctonas como bidueiros, castiñeiros, carballos, sabugueiros ...para recuperar o ecosistema.

Seguindo o consello de Marcos e, dentro do proxecto Voz Natura do centro, o alumnado de infantil plantará no patio do colexio un carballo . Unha pequena achega  para contribuir á recuperación da nosa biodiversidade.







Unha charla, sen dúbida, moi interesante. Grazas Marcos!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MOCHILAS VIAXEIRAS !!

  Hoxe poñemos en marcha unha das actividades máis agardadas polo alumnado: as mochilas viaxeiras!! O equipo de Voluntario/as da Biblioteca...