Poema recitado polo Equipo de Voluntarios da Biblioteca:" Galicia" (Manuel María)
O Equipo de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega pretende, a través deste blog, facervos chegar algunhas das cousiñas que facemos no noso centro. Agardamos que sexa do voso agrado e que nos permita estar un pouquiño máis preto de todos vós.
26/03/2026
Semana da poesía
26/01/2026
Semana da paz
Ao longo desta última semana de xaneiro desenvolveremos diferentes actividades relacionadas coa paz; murais, paztituras, cancións, danzas e lecturas!!
17/11/2025
"Eu teño alguén"
Este 25N todo o alumnado e profesorado do colexio cantaremos a canción "Eu teño alguén " do grupo María FumaÇa.
Desde aquí animamos a toda a comunicade educativa a que se sume ao noso canto e participe connosco na actividade que terá lugar, no patio do colexio, o martes 25 de novembro ás 14:10H.
Deixamos o video coa canción e a letra para que a practiquedes na casa.
Boa semana!
17/10/2025
"O veleiro verde"
Volven as "Cantigas no peto", nesta ocasión para unha dobre celebración: o "Día das Bibliotecas" e o "Día Internacional contra o cambio climático" que terá lugar o próximo venres día 24 de outubro, no patio do colexio, ás 14:10 horas.
Convidámosvos a todos e todas asistir e acompañarnos cantando a canción "O veleiro verde".
Aquí a deixamos para que a practiquedes cos vosos fillos, fillas, sobriños, netos...
24/09/2025
"Día Mundial dos ríos"(Cantigas no peto)
Retomamos a actividade "Cantigas no peto" celebrando o Día Mundial dos Ríos.
Invitamos a toda a comunidade escolar a que nos acompañen, cantando a bailando a danza-xogo tradicional "Río verde", o luns 29 de setembro ás 14.15 h, no patio do colexio.
Deixamos o enlace coa música, a letra e a coreografía para que a practiquedes na casa:
ESPERÁMOSVOS!!
“La extraña visita”
O alumnado de 3º de primaria convertirse en narrador para compartir cos nenos e nenas de infantil un conto terriblemente divertido: “La e...
-
O vindeiro venres 15 de maio convidamos a toda a comunidade escolar (alumnado, nais, pais, avós e avoas, tíos, tías, exalumnos/as...) a...
-
Queridas familias: Queremos dedicar esta entrada a darvos as GRAZAS pola vosa implicación, entusiasmo e colaboración no MARCONVISIÓN. O alum...
-
Voltamos das vacacións e continuamos co Entroido e os mandados. Hoxe, xoves 19 de febreiro, vestímonos de cantantes famosos, rockeiros, r...





.jpeg)








