TI ESCOITAS?


Este curso como o PDI  é "Marcón: Río de sons", escoitaremos á entrada  do cole unha música que irá cambiando cada semana e que figurará no taboeiro da entrada do cole e nesta entrada do blog por se queredes escoitala.

Nesta semana das Letras galegas e scoitamos a canción que lle adican Uxía e Malvela a Begoña Caamaño: "Begoñísima"


Chegou maio e escoitaremos música dos grupos que virán ata o colexio, o día 15, para ofrecernos un concerto solidario de axuda a "Save the Children". 
Escoitaremos tamén cancións  que  versiónarán para nós.





Ao longo de Abril, escoitaremos música Pop. Pero que é o Pop? Pop ven de "Popular" ,é dicir, música que gusta a moita xente. A música pop é un xénero musical pensado para chegar  a un público amplo, con cancións fáciles de escoitar, pegadizas(quédanche na cabeza facilmente) e pensadas para radio, redes e grandes públicos.
Entre outros escoitaremos: Shake it Off (Taylor Swift) e Revolución (Amaral)
                                                               
                

No mes de Marzo, "Mes da Muller" escoitaremos cancións interpretadas por mulleres. Comenzamos con "O noso canto"( 30 mulleres galegas) e "Tataravoa"
 ( Fillas de Casandra).

       

O 23 de febreiro celébrase o "Día de Rosalía",ao longo da última semana de febreiro escoitaremos "Adiós ríos, adiós fontes"  e "Has de cantar"  dous poemas cantados de Rosalía  de Castro como homenaxe á poeta.

        




Neste mes de febreiro, mes do Entroido, escoitaremos música latina. Comenzamos pola cubana Celia Cruz e o seu tema "La vida es un carnaval"


 Xa estamos nun novo ano,2026, e ao longo do mes de xaneiro dedicaremos as audicións musicais a cancións con temática da Paz.
Comenzamos coa canción "We are the wordl" 


Ao longo de decembro "Mes do Nadal" escoitaremos diferentes panxoliñas do mundo á entrada e á saída do colexio. Aquí deixámosvos os enlaces a algunhas delas que forman parte da nosa árbore  de Nadal.



Bo Nadal e Felices festas!!!


No mes de novembro, escoitamos música polo empoderamento, repecto e igualdade, nas voces de : Cindy Lauper, Edith Piaf, Gloria Gaynor e Aretha Franklim.



Neste mes de outubro escoitamos música clásica dos compositores : Vivaldi ("O outono"), Mozart ("Marcha Turca") , Beethoven (5ª Sinfonía) e Pachelbel (Canon).


Rematamos outubro con música do Samaín: Thriller (Mikel Jacson), O Samaín (Uxía Lambona), This is Halloween (BSO "Pesadilla antes de Navidad") e Tubular Bells (Mike Olfield-BSO "El Exorcista"). FELIZ SAMAÍN!!!!


En setembro :
                      Terra                                         Pasacorredoiras


                                                                     O baile de Noró



 QUE A MÚSICA NON PARE!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Obradoiros nos recreos

 U nha vez máis o alumnado, voluntariado da biblioteca, de 6º de primaria realizaron un obradoio para os máis pequenos sobre papiroflexia e ...