13/05/2026

CARREIRA E CONCERTO SOLIDARIO

O vindeiro venres 15 de maio  convidamos a toda a comunidade escolar (alumnado, nais, pais, avós e avoas, tíos, tías, exalumnos/as...) a participar nunha xornada moi especial. Escoita o podcast co que nos invitan os nenos e nenas de 2º de primaria. Un podcast "brutal".

PROGRAMA:

Ás 17:30h realizaremos unha CARREIRA SOLIDARIA a beneficio de Save the Children. Unha oportunidade para compartir, colaborar e sumar esforzos por unha boa causa.

E despois...CONCERTO SOLIDARIO, coa ilusión e o talento das nosas familias contaremos cos grupos: "LIORTA", "SON DAS TABERNAS" e integrantes dos grupos "LA CASA DE LOS INGLESES" e "BRUTAL" que se fusionarán para facer unhas versións xuntos.

 

 


     


        Un encontro cheo de música, emoción e compromiso. 

A vosa participación conta.Xuntos podemos facer máis.

Agardámosvos con moita ilusión!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRADUACIÓN DE INFANTIL E PRIMARIA 2026

 Chegou un dos momentos máis especiais do curso: a festa de graduación ! Os nenos e nenas de 6º de Infantil e 6º de Primaria celebraron o...