Onte, vivimos unha xornada que quedará gravada no noso recordo, demostrando que a solidariedade é unha das nosas maiores fortalezas.
A celebración da "carreira solidaria" a favor de Save The Children e o "concerto solidario" fixo que a música e o deporte se unisen por unha mesma causa.
A carreira reuniu a alumnado, profesorado e familias nun ambiente de ilusión e participación. Cada paso dado convertiuse nun pequeno gran xesto de apoio a nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.
(ALUMNADO VOLUNTARIO DE 6º DE PRIMARIA PRESENTANDO A CARREIRA)
A tarde completouse cun magnífico concerto solidario, no que participaron, de maneira totalmente altruista, os grupos Liorta, Son das Tabernas, La casa de los ingleses e Brutal.
Grazas á súa xenerosidade, ao seu talento e á súa entrega, poidemos gozar dunha tarde inesquecible na que a música servíu tamén para educar na empatía e solidariedade.
(ALUMNADO VOLUNTARIO DE 6º DE PRIMARIA PRESENTANDO O CONCERTO)

Momentos do concerto:
(Despedida e agradecementos da directora do centro)
Reiteramos o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que colaboraron: músicos, alumnado, familias, profesorado, persoal do centro, ANPA e CIFP Carlos Oroza. Sen a participación de todos e todas, iniciativas como esta non serían posibles.
GRAZAS POR FACER DA SOLIDARIEDADE UNHA FESTA!!!











.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario