11/05/2026

Sei contar, sei cantar (2)

Este pasado venres, 8 de maio, tivemos tres actividades de contacontos na biblioteca.

A primeira hora, a mamá da Alan, de 2º de primaria, achegouse para contarlle ao alumnado de 1º e 2º  de primaria "Ey, superabuelo" Unha historia tenra e divertida que nos amosa que a imaxinación pode levarnos a calquera lugar.


Despois de escoitar a historia, cada neno e nena  transportouse a un lugar querido por eles e plasmárono nun folio.


                    

Despois do recreo,na Hora de Ler; o alumnado de 2º de primaria contoulle ao alumnado de Infantil, axudados duns monicreques feitos por eles, o conto "Blancos y negros". Un conto sobre valores como igualdad, respecto e diversidade.



 Última hora, os nenos e nenas de infantil, gozaron doutra seseión de contacontos, na biblioteca. nesta ocasión foi a nai de Miguel (6º de infantil) quen contou  "El vampiro Edelmiro". Un divertido conto rimado sobre a alimentación saudable.



Moitísimas grazas a todos e todas por participar e compartir lecturas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRADUACIÓN DE INFANTIL E PRIMARIA 2026

 Chegou un dos momentos máis especiais do curso: a festa de graduación ! Os nenos e nenas de 6º de Infantil e 6º de Primaria celebraron o...