07/05/2026

ECOPERCUSIÓN!!

Este martes e mércores, pola tarde, tivemos a sorte de poder participar nun fantástico Obradoiro de Ecopercusión, na biblioteca do colexio, organizado grazas a ENAPAS do CEFORE. 
Unha experiencia que combinou música, creatividade e educación ambiental dun xeito dinámico e moi motivado, tanto para familias como alumnado.
A participación foi excelente: tanto o alumnado como as familias implicáronse con entusiasmo, traballaron en equipo e gozaron creando pequenas composicións rítmicas que encheron a biblioteca de enerxía e diversión.
Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que nos anima a seguir apostando por actividades que integren aprendizaxe e familias.

























MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES E AO CEFORE POR FACER POSIBLE ESTE OBRADOIRO MUSICAL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Visita de Rosana

Onte tivemos a oportunidade de coñecer un pouco mellor a Rosana, a nosa señora da limpeza,  unha persoa moi importante no noso cole. Rosana,...