Os nenos e nenas de 6º de primaria realizararon unha visita ao Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela.
Alí puideron coñecer de preto o lugar onde se toman decisións importantes para toda Galicia. Como é o funcionamento do Parlamento, quen son os deputados e deputadas, como se elaboran as leis,... ademais, tiveron a portunidade de entrar no hemiciclo, sentar nos escanos do grupo de goberno e subir ao estrado e facer propostas, simulando aos deputados e deputadas.
Despois da visita, fixeron un percorrido polo casco histórico, pasearon polas rúas cheas de historia, por prazas emblemáticas e, como non, pola impresionante Catedral.
Unha experiencia moi enriquecedora na que, ademais de aprender sobre a nosa comunidade, a historia e o patrimonio galego, compartiron un día de convivencia estupendo entre compañeiros e compañeiras.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario