24/09/2026

Visita de Rosana

Onte tivemos a oportunidade de coñecer un pouco mellor a Rosana, a nosa señora da limpeza,  unha persoa moi importante no noso cole. Rosana, veu falar cos nenos e nenas e contarnos un pouquiño sobre o seu traballo.

Descubrimos que cada día se encarga de que as aulas, os corredores e os espazos comúns estean limpos, coidados e preparados para aprender e xogar comodamente.

A súa visita axudounos a comprender que todas as profesións son importantes e que debemos  valorar, repectar e agradecer o seu traballo, porque cada persoa achega o seu traballo e o seu esforzo para que a vida na escola funcione cada día un poco mellor.

Tamén lembramos que nós podemos colaborar recollendo os materiais, utilizando as papeleiras, coidando os espazos compartidos ...

Foi unha experiencia moi bonita que nos axudou a entender que coidar o cole é responsabilidade de todos e todas.

Desde aquí queremos agradecerlle a Rosana o seu traballo, a súa dedicación e o aagrarimo co que coida cada día do noso cole.


GRAZAS, ROSANA, POR AXUDARNOS A TER UN COLE MÁIS LIMPO, AGRADABLE E COIDADO!

23/09/2026

Abril Camino visita o Club de Lectura de Adultos

 O próximo venres, 25 de setembro, teremos o pracer de recibir no Club de Lectura de Adultos á escritora Abril camino que vira´para falarnos da súa novela "Mulleres que viven xuntas" gañadora do XLII Premio Xerais.

Agardamos con ilusión este encontro literario, que nos permitirá comnpartir un agradable momento arredor dos libros e da lectura.


Esperámosvos!!

22/09/2026

3,2,1...Marcón despega!!

 

Comezou un novo curso e con el un novo proxecto de Centro "3,2,1...Marcón despega"que iremos desenvolvendo ao longo de todo o ano. Unha aventura educativa que nos levará a descubrir, investigar, crear e aprender xuntos.

Como pistoletazo de saída ao proxecto ,o pasado venres, 18 de setembro, vivimos unha noite moi especial coa actividade "Venres con estrelas", unha proposta para iniciar o proxecto de centro na que alumnado, familias e profesorado tivemos a opurtunidade de mirar o ceo con outros ollos e achegarnos ao fascinante mundo da astronomía.

Tumbados no patio do colexio, poidemos observar o ceo de setembro, descubrir algunhas das súas estrelas e constelacións e aprender a orientarnos entre os puntos luminosos do firmamento.

Coa curiosidade como compañeira, fomos identificando diferentes elementos do ceo e compartindo preguntas, descubrimentos e emocións.

Foi unha experiencia para aprender, pero tamén  para parar, mirar cara arriba e gozar xuntos da beleza dunha noite estrelada. Pequenos e maiores convertémonos por un intre en auténticos exploradores do universo.

Queremos agradecer a participación de familias e profesorado e, en especial  a Joaquín e Martina que nos guiaron e fixeron posible que esta actividade fose tan enriquecedora.

                                                         
                                    

                   



 GRAZAS POR ESTA VIAXE ÁS ESTRELAS!

Actividades colaborativas!

 O alumnado de 5º de primaria compartiu unha divertida e enriquecedora  experiencia cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria , nunha activi...