Comenzamos un novo curso e un novo Club, este curso estará formado por un grupo de 14 nenos e nenas de 6º de primaria "Os Pepalectores", que veñen con moitas gañas de gozar das lecturas!
O libro escollido para iniciar é "A folla azul" de Andrea Maceiras. Publicado por Xerais.
Inicio: 20/10/25
Hoxe iniciamos o Club e repartimos os cadernos personalizados para as anotacións que fagamos sobre as nosas lecturas.
1ª Xuntanza.(27/11/12)
O tempo acompañounos e poidemos xuntarnos para charlar dos primeiros capítulos do libro no espazo exterior da biblioteca.
3ª Xuntanza (10/11/25)
Na biblioteca, reunímonos para comentar os capítulos lidos nestes días, todos e todas estamos moi intrigados con esta historia que nos está encantando.
Hoxe,día 15 de novembro, rematamos a lectura da "Folla Azul". Un libro que nos apasionou e que recomendamos a súa lectura.
2º TRIMESTRE
O luns 12 de xaneiro fixemos a primeira xuntanza deste novo trimestre, nela tivemos unha sorpresa: Os Magos deixaran no colexio a lectura que imos abordar ao longo deste trimestre:"Mamá, quero ser Ziggy Stardust", un libro da escritora Iria Misa, editado por Xerais. Unha obra finalista do Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade pola súa maneira de abordar a identidade, a diversidade e a igualdade de xénero a través da historia da protagonista.
Nesta primeira xuntanza de reencontro, só falamos da portada do libro , en especial do título e do porque se escolleu esta lectura.
Este luns 19 de xaneiro xuntámonos para charlar da autora e a ilustradora de "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" , así como de Ziggy Stardust, un personaxe ficticio creado polo cantante David Bowie. Escoitamos tamén fragmentos de temas destacados deste fantástico músico: "Heroes", "Space Oddity", "Let´s dance"... e "Ziggy Stardust". E comenzamos a lectura do primeiro capítulo.
Como cada luns da semana, os"Pepalectores", xuntámonos para falar do libro de lectura. Este luns (9 de febreiro) continuamos con "Mamá, quero ser Ziggy Stardust.Un libro no que vemos a importancia de ser un mesmo, do repecto hacia os demais, da empatía e da diversidade.
GÚSTANOS LER!!!



.jpg)




Ningún comentario:
Publicar un comentario