23/05/2026

Da casa a Horta

O pasado xoves, 21 de maio, a avoa de Miguel (6º de Infantil) achegouse ata o colexio para realizar unha actividade co alumnado de infantil.

Primeiro, na clase, faloulles aos nenos e nenas da impoortancia de manter alonxados os pulgóns da horta, para que as plantas crezan sans. Ensinoulles trucos, como plantar caléndulas preto e outros consellos naturais, sen utilizar pesticidas.

Despois, na horta, plantou cos nenos e nenas. tomates, pementos, amorodos e caléndulas. Un día fantástico.



                   



GRAZAS PILI, POR UN DÍA TAN FERMOSO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRADUACIÓN DE INFANTIL E PRIMARIA 2026

 Chegou un dos momentos máis especiais do curso: a festa de graduación ! Os nenos e nenas de 6º de Infantil e 6º de Primaria celebraron o...