19/06/2026

GRADUACIÓN DE INFANTIL E PRIMARIA 2026

 Chegou un dos momentos máis especiais do curso: a festa de graduación!

Os nenos e nenas de 6º de Infantil e 6º de Primaria celebraron o final dunha etapa chea de aprendizaxes, experiencias, amizades e momentos inesquecibles. Entre sorrisos, emocións e moitos aplausos, compartimos unhas xornadas moi emotivas.

Os máis pequenos despedíronse da súa etapa de Educación Infantil na biblioteca.


O alumnado de 6º de primaria agasallounos cun acto no que poidemos gozar de actuacións, discursos, vídeos e momentos moi emotivos.

     

     
        


Parabéns a todos os graduados e graduadas por todo o camiño percorrido e moita sorte na nova etapa que comezades.

Grazas ás familias, profesorado e alumnado  por acompañarnos neste día tan importante.

Parabéns e feliz verán!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRADUACIÓN DE INFANTIL E PRIMARIA 2026

 Chegou un dos momentos máis especiais do curso: a festa de graduación ! Os nenos e nenas de 6º de Infantil e 6º de Primaria celebraron o...