Chegou o final de curso e, con el, un tempo merecido de descanso, de xogos, momentos para compartir coa familia e amigos... Pero tamén chega unha das mellores épocas para gozar da lectura sen présas.
Desde a biblioteca queremos animarvos a seguir gozando da lectura durante as vacacións.
Grazas a toda a comunidade educativa por acompañarnos un curso máis entre libros, actividades e lecturas compartidas.
Desexámosvos un feliz verán e unhas boas lecturas!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario