03/06/2026

Pechamos a biblioteca con música!

 O curso está a chegar ao seu fin e a biblioteca pecha as súas portas ata o vindeiro curso. Nesta semana permanecerá só aberta para o préstamo de verán e para ensaios de teatro, xa que a próxima semana celebramos a "Semana do teatro" onde abriremos a biblioteca a todas as familias.

Como actividade final para o alumnado, gozamos dun concerto protagonizado polo alumnado do centro. as súas interpretacións encheron o espazo de música, ilusión e talento, convertendo a biblioteca nun lugar de encontro e celebración.

Ao longo do curso, a biblioteca foi escenario de leturas, investigacións, contacontos, obradoiros, clubs de lectura e moitas outras actividades que nos permitiron descubrir historias, facer preguntas e aprender xuntos. Este concerto foi unha fermosa maneira de poñer punto e final.






Moitísimas grazas por agasallarnos con este fermoso concerto!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Obradoiro de papiroflexia!

 Onte, no recreo, nenos e nenas de 4º e 5º de primaria impartiron un obradoiro de papiroflexia .  Guiados polas explicacións dos voluntario...