26/10/2026

Abrimos a Biblioteca!!!

 Hoxe, celebramos dúas datas moi importantes: O Día das Bibliotecas e o Día contra o Cambio Climático.

Dúas datas que nos lembran o importante que son os libros, a lectura o coñecemento e o respecto e coidado do noso planeta.

Abrimos a biblioteca cun conto que nos invita a reflexionar sobre o que lle está a acontecer á Terra: Que le pasa al planeta? Escrito por Eva Clemente e publicado pola editorial Emonautas.

Un conto que o equipo de Voluntarios/as da biblioteca compartiron con todo o alumnado do colexio, a través dunha versión en  galego acompañada dunha  proxección de imaxes que nos axudou a mergullarnos no relato.



Rematou o acto cunha actuación dos nenos e nenas de 5º de primaria cantando o rap de creación propia:  "Os Planetas".

Benvidos e benvidas á nosa biblioteca!
 Despegamos cara á aventura da lectura!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cantigas no peto and songs of the universe.

  Voltamos un ano máis coa actividade de Cantigas no peto , unha iniciativa coa que pretendemos fomentar  o uso da lingua galega a través d...