Onte, no recreo, nenos e nenas de 4º e 5º de primaria impartiron un obradoiro de papiroflexia.
Guiados polas explicacións dos voluntarios, os máis pequenos conseguiron transformar unha folla de papel nun comecocos e nunha fermosa bolboreta.
Ademais de pasalo ben, esta actividade permitiulles traballar a concentración, a precisión e a motricidade fina.
Unha experiencia chea de aprendizaxe e colaboración. Parabéns !




Ningún comentario:
Publicar un comentario