O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro, unha das voces máis importantes da nosa literatura.
Este ano no cole imos traballar un dos poemas máis coñecidos "Adiós ríos, adiós fontes" pertencente ao libro "Cantares gallegos".
Este poema cheo de emoción expresa a dor da despedida e da emigración. Nel aparecen elementos da natureza que coñecemos moi ben: Ríos, fontes, regatos, campos, árbores... por iso encaixa co noso proxecto Voz Natura no que aprendemos a coidar e valorar o medio ambiente. Rosalía xa amosaba no século XIX un profundo amor pola paisaxe galega, algo que nós tamén queremos defender e protexer.
Ademais de lelo e analizalo na aula, na Hora de Ler, imos traballar o poema musicado, porque a Rosalía tamén se pode cantar. A música axúdanos a sentir máis intensamente as palabras e a conectar coas emocións que Rosalía quería transmitir.
Ao longo desta semana cada titoría gravará na Radio Escolar "Son de Marcón" o poema recitado polo alumnado.
Celebrar o Día de Rosalía é lembrar que as nosa lingua, a nosa terra e a nosa cultura son un tesouro que debemos coidar cada día.
VIVA ROSALÍA!!!





Ningún comentario:
Publicar un comentario