A Cultural vibrou co noso talento!!
Hoxe celebramos na Cultural unha das citas máis esperadas. o festival de Entroido MARCONVISIÓN. Un festival cheo de música, cor, ritmo e moitísima ilusión no que o alumnado deu o mellor de si sobre o escenario.
A gala comezou cunha actuación moi especial de "Madre Tierra" a ritmo de tambores, coa que celebramos a natureza e a vida. A continuación , o público encheuse de orgullo coa tradicional "Muiñeira de Chantada" .
Non faltou o ritmo moderno cunha potente coreografía de funky que levantou aplausos e fixo mover as cadeiras a máis dun espectador. E para sorprendernos e sacarnos un sorriso ... apareceron os divertidísimos Minions ao ritmo de Banana.
O sabor latino chegou co merengue "El baile del sapito" enchemdo o escenario de enerxía e alegría. E non podía faltar a reivindicación coa forza do Rap da Lingua, que puxo en valor o galego co ritmo e mensaxe.
Un dos momentos máis orixinais da xornada foi o enfrontamento artístico "Country vs. Espírito Indio" unha mestura de estilos que sorprendeu pola súa creatividade e posta en escena. Seguimos viaxando no tempo cun fantástico "Medley dos anos 50". E como broche final, todo o auditorio vibrou ao son de "We will rock you".
Unha mañá inesquecible, chea de emocións, risas e moito compañerismo. Queremos felicitar a todo o alumnado participante polo seu esforzo, ás familias polo seu apoio constante e ao profesorado polo traballo e dedicación para facer posible este espectáculo.
Porque no MARCONVISIÓN... o talento brilla, a música une e a escola late con forza.
Moitísimas grazas a todos e todas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario