09/02/2026

Enreguéifate!!

 O alumnado de 5º  e 6º de primaria participou nun obradoiro de regueifas, unha actividade que nos achegou unha das tradicións máis divertidas da nosa cultura popular galega.

A regueifa é unha forma de improvisación oral en verso, na que dúas ou máis persoas dialogan rimando, con humor, enxeño e moita creatividade.

Ao longo do obradoiro, os nenos e nenas decubriron que a palabra tamén pode ser un xogo, unha ferramenta para expresarse, para pensar rápido e...para pasalo ben!






Unha experiencia moi enriquecedora e divertida!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

"Día da Diabetes"

Con motivo do "Día Mundial da Diabetes" , que se celebra o 14 de novembro, a biblioteca converteuse nun espazo de aprendizaxe, sen...