15/02/2026

DÍA MUNDIAL DA RADIO !!

 O pasado 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha data proclamada pola UNESCO para lembrar a importancia deste medio de comunicación tan próximo, accesible e cheo de posibilidades educativas. E que mellor forma de celebralo que... facendo radio!

Este día tan especial serviu para algo moi importante: poñerlle nome á nosa radio escolar. Despois de varias propostas e dunha votación, o nome elixido foi: "SON DE MARCÓN" 

                                     




O alumnado de 6º de primaria convertidos en auténticos locutores e locutoras gravaron un podcast escolar sobre esta data e o bautizo da radio.  Aquí o deixamos:


Seguimos soando!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Obradoiros nos recreos

 U nha vez máis o alumnado, voluntariado da biblioteca, de 6º de primaria realizaron un obradoio para os máis pequenos sobre papiroflexia e ...