03/02/2026

Día da candelaria

"Pola Candelaria, os paxariños fan voda"(refrán popular).

A Candelaria celébrase o día 2 de febreiro e, segundo a tradición, marca o momento no que os paxaros comezan a emparellarse e preparar os niños, anunciando que o inverno vai quedando atrás e os días xa medran.

Nas aulas traballamos os refráns populares e fixemos tamén obradoiros de paxariños que logo colgamos polos corredores.




  




Na clase de música, acompañados da música de Edgar Grieg(opus 43, nº4), o alumnado de 6º de infantil realizou unha audición activa con paxariños á que lle chamamos "Danza dos paxaros".



O alumnado de 6º de primaria fgravou na Radio Escolar un podcast sobre o Dia da Candelaria (Candeloria na tradición oral) e os refráns populares deste día.


Grazas por compartir as vosas achegas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Samagosto 2026!

  Hoxe celebramos o Samaín, que noutros sitios lle chaman Halloween, e o Magosto .  Un día de festa, tradicición e diversión no que o colex...