30/01/2026

"Día da paz"

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o  "Día Escolar da paz e non violencia" con diferentes actividades:

- Cantamos, na entrada do colexio, alumnado e profesorado a canción "Suena la PAZ".

- Comemos rosca con chocolate no recreo, unha actividade na que colabora a ANPA, e que xa ben sendo unha tradición nesta data.





- Despois do recreo, os nenos e nenas voluntarios da biblioteca, contaron co "Kamishibai" o conto "O NACEMENTO DO DRAGÓN" da editorial Kalandraka.


-O alumnado de 6º de primaria gravaron na Radio escolar un conto que fala do repecto a natureza e ás persoas, un conto pola paz: "A XACIA LUVIÑAS", para que todas e todas o poidades desfrutar.


-Rematamos a xornada cunha "Cantiga no peto" no ximnasio (por mor do tempo), nesta ocasión foi a danza-xogo  "Don Melitón", na que participaron tamén as familias.

A PAZ CONSTRÚESE CADA DÍA, ENTRE TODOS E TODAS!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR ESTE DÍA !!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA

 Os nenos e nenas de 4º de primaria impartiron, no recreo, un obradoiro de papiroflexia onde ensinaron aos máis pequenos a facer avións, bar...