Ao longo desta última semana de xaneirro e a primeira de febreiro, teremos polos corredores do colexio unha exposición de música galega do século XXI que o Servizo de Normalización Linguística do Concello nos cedeu para que todos e todas podamos desfrutala.
O alumnado, nesta semana pasada xa estivo vendo os paneis da mostra e descubrindo que en Galicia hai moita música en galego, en diferentes estilos: rock, pop, rap, electrónica, tradicional, infantil ... para todos os gustos.
Desde aquí convidamos a toda a comunidade escolar a visitar a mostra que estará exposta ata o día 6 de febreiro. O horario de visita será: os martes de 16.30 - 19.30 h e os venres de 16.30-17.30h. ANIMÁDEVOS


Deixámosvos o enlace por se queredes escoitar a Playlist
Cantarmos na nosa lingua é un xeito de vivila, de gozarmos, de celebra.



Ningún comentario:
Publicar un comentario