21/01/2026

Visita á Biblioteca Pública!

 Hoxe a cativada de 1º e 2º de primaria achegáronse ata a biblioteca Pública de Pontevedra para coñecer o camiño que hai que percorrer para poder levar libros a casa.

Durante a visita, as nenas e nenos descubriron como escoller un libro axeitado á súa idade, como se realiza o préstamo e canto tempo poden desfrutar del antes de devolvelo. Tamén lles explicaron a importancia de  coidar os libros, repectar as normas e manter este espazo en silencio e orde.

Agardamos que esta visita anime a moitos nenos e nenas a converter a biblioteca nun lugar habitual das súas visitas en familia.



Unha experiencia moi enriquecedora!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GRADUACIÓN DE INFANTIL E PRIMARIA 2026

 Chegou un dos momentos máis especiais do curso: a festa de graduación ! Os nenos e nenas de 6º de Infantil e 6º de Primaria celebraron o...