15/11/2025

Obradoiros no cole!

 Este mes, comenzamos a actividade "Obradoiros no cole".



Unha actividade organizada por diferentes grupos de alumnos e alumnas, para que todo o alumnado (que queira) poida desfrutar no tempo de recreo dos mércores. 

Este mércores arrancamos cun "Obradoiro de brilet", impartido por nenos e nenas de 6º de Primaria.


Grazas a todo o alumnado implicado!!!

Animádevos a participar! Haberá creatividade, diversión e un montón de ideas fantásticas para pasalo xenial. Só tedes que anotarvos no taboeiro da entrada!!

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro , unha das voces máis importantes da nosa ...