29/11/2025

Celebramos o Día da Música con "Son das Tabernas"

 Celebramos o "Día da Música" coa visita  de Felipe e Juan, integrantes do grupo "Son das Tabernas" que encheron a biblioteca con ritmo, alegría e tradición.

Desde primeira hora da mañá, o alumnado estaba espectante, agardando a chegada dos músicos e poder escoitar música en directo e descubrir de preto instrumentos tradicionais que forman parte da nosa cultura. 

Durante a actuación saxofón, acordeón, gaita, pandeireta  e a voz de Felipe fixeron que todos os nenos e nenas se deixasen levar pola música e acompañasen  cantando e bailando.






A xornada rematou cunha entrevista na Radio Escolar a cargo de nenos e nenas de 6º de primaria.




GRAZAS, a Felipe e Juan ("Son das Tabernas"), por agasallarnos parte do seu tempo e unha mañá inesquecible. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

POLA SENDA DO LÉREZ

      O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha saída pola senda do Lérez, desde Bora ata a praia fluvial. Durante a percorrido, obser...