28/11/2025

Plantamos aloe vera!

 Hoxe  os nenos e nenas de 6º de infantil desfrutou dunha xornada moi especial no xardín da entrada do colexio: a plantación dos fillos da planta de aloe vera que plantaron o curso pasado e coa que fixeron xabón para o Nadal.

Con moita ilusión, equipados coas ferramentas para a ocasión foron pasando por quendas para realizar o traballo. Ao remate axudaron a Pablo, o noso conxerse, a transplantar unha planta moi grande. 


          

            


Ollade que chula quedou a entrada do cole!!

Unha experiencia chea de aprendizaxe, natureza e ilusión!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro , unha das voces máis importantes da nosa ...