01/12/2025

Concertos na Biblioteca!

Comenzamos unha nova actividade que iremos desenvolvendo ao longo do curso na biblioteca : "Concertos na biblioteca".Unha actividade na que o noso alumnado poderá desfrutar de música interpretada por nenos e nenas do colexio.

Nesta ocasión, foron Beltrán  de 4º de primaria quen interpretou co teclado dúas breves pezas e Nadia, Micaela (5º de primaria) e Emma (6º de primaria) que tocaron o violín. primeiro individualmente e despois a tres voces.


  

                                                                                        
    



MOITÍSIMAS GRAZAS, UN PRACER ESCOITARVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro , unha das voces máis importantes da nosa ...