11/12/2025

Visita a Radio Pontevedra

O pasado 4 de novembro, o alumnado de 3º e 5º de primaria visitaron as instalacións de Radio Pontevedra. Alí, amosáronlles as diferentes seccións onde se preparan as novas que logo serán emitidas: a redacción, as cabinas de control de son, a sala de conexión e o estudio de radio. 

Os xornalistas aprendéronlles técnicas de respiración para facer un bo uso da súa voz e como colocarse correctamente diante do micrófono. Gravaron cuñas publicitarias que resultaron moi divertidas. Cando comezou o programa en directo "Hoy por hoy Pontevedra" o alumnado que quixo participou lendo os teléfonos  para chamar e facendo preguntas na entrevista do doutor Pedro Cabrera. Gozaron moito e quedaron con moi bo sabor de boca.

A quen lle interese escoitar a gravación  pode facelo entrando en Radio Pontevedra no podcast "Hoy por hoy Pontevedra".

Semella que en Marcón hai madeira de reporteiros!!!


              

                         



Grazas a Radio Pontevedra por recibirnos con tanto agarimo!














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día de Rosalía

O 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" lembrando a figura de Rosalía de Castro , unha das voces máis importantes da nosa ...