19/12/2025

Festa de Nadal 2025

Hoxe celebramos a Festa de Nadal , unha xornada chea de ilusión, música e  tradición.

A  celebración comezou coas badaladas, que marcaron simbólicamente a chegada do Nadal. Cos vasos de gusanitos, alumnado e profesorado participamos con entusiasmo, dese momento tan esperado. Despois  chegou o momento máis saboroso da mañá: a merenda  de Nadal que todos e todas desfrutamos e compartimos no patio, nun día que o tempo nos acompañou cun sol espléndido.

A continuación , no ximnasio, recibimos con entusiasmo a visita dos Reis Magos, que nos acompañaron no concerto de panxoliñas que todo o alumnado cantou con verdadeiro entusiasmo e ledicia.

Finalmente, un por un fomos saudando ás súas Maxestades, e deixando as  cartas  no buzón coas nosas peticións. Os Reis Magos obsequiaron  a todo o alumnado cun agasallo.










Grazas a todo o alumnado, profesorado, familias  e ANPA por facer posible un día tan especial e fermoso.

BO NADAL E FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Calendario 2026!!

  Despois das vacacións de Nadal, retomamos o curso co calendario 2026 onde a música é o fío conductor para cada mes do ano. Un calendario q...